Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 22 de outubro de 2001, acordou a aprobación definitiva do Plan parcial SAU-1 na parroquia de San Xián de Sales, deste termo.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publicarase no BOP o texto íntegro da normativa urbanística do Plan parcial definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, alternativamente poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición diante do Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Vedra, 23 de outubro de 2001.

Odón C. Cobas García

Alcalde