Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Cluster de la Madera de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación Cluster de la Madera de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: para adquiri-la condición de socio numerario será necesario reuni-los seguintes requisitos:

1. Te-lo domicilio social na Comunidade Autónoma galega ou a súa actividade principal en Galicia.

2. Que a súa facturación total ou parcial proceda directa ou indirectamente da industria do sector da madeira.

3. Que a súa actividade industrial estea integrada dentro das denominadas industrias do sector madeireiro, tales como as de fabricación de chapas e taboleiros, carpintería e mobiliario, madeira laminada, pasta de papel, papel e cartón, aproveitamento forestal, serradoiros, comercializadores, subministración complementarias, bens de equipamento, servicios de apoio e outros.

Asinan a acta de constitución: Ricardo García-Borregón Millán, presidente e representante de P.G. Galicia, S.L. e 12 persoas máis, representando a outras tantas empresas e axentes da cadea da madeira.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais