Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/274-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Robles 1, esq. r/ Fdez. Mora e r/ da Braña.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo 95 mm Al, desde o C.T. da urbanización Perillana 1 ata o C.T. que se proxecta no edificio Robles 1, situado na rúa Fernández de la Mora esquina rúa da Braña, no concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 17 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra