Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/316-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante L.M.T. tramo Sabucedo-Codeseda.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. entre o C.T. Sabucedo e a conexión coa L.M.T. Codeseda, rematando na mesma liña. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 28 m de lonxitude, desde o apoio entronque da L.M.T. ó C.T. Sabucedo ata o C.T. Sabucedo, que hai que recuar. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. Toda a instalación está situada no concello da Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra