Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/312-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante L.A.T. Portodemouros-Tibo entre os apoios 237 e 240.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: variante da liña de alta tensión a 220 kV, aérea, denominada Portodemouros-Tibo, entre os apoios existentes 237 e 240, de 466 m de lonxitude, con conductor tipo LA-455, sobre apoios metálicos. A instalación está situada á altura do p.q. 20+606, no concello da Estrada, e realízase por mor da construcción da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra