Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001 sobre delegación de atribucións do delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense.

Por orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 21 de setembro de 2001 disponse que o delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense se encargue do despacho dos asuntos da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

A necesidade de axilizar no posible o despacho dos asuntos atribuídos ó delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense aconsella que este delegue no secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra aquelas funcións, co que se conseguirá unha maior eficacia, o que sen dúbida repercutirá beneficiosamente no funcionamento da Administración autonómica.

Na súa virtude, e segundo o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro.-Deléganse no secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra as atribucións que, de acordo co Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, lle corresponden ó delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

Segundo.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas polo órgano delegante.

Terceiro.-Esta resolución será de aplicación desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

Felipe Ferreiro Feijoo

Delegado provincial de Ourense