Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 1 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización dunha parcela na Granxa (San Marcos), promovido por Rosalía Viña Guiance.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de planeamento e xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo