Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 24 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o Plan especial de ordenación da área de servicio de San Caetano, promovido por Galuresa e Restaurantes Mc Donald's, S.A.

O plan especial de referencia desenvolve a ordenación detallada dos terreos situados na confluencia da rúa do Cruceiro da Coruña coa avda. de Rodríguez de Viguri e rúa das Cancelas, fronte á chamada praza de España ou rotonda de San Caetano.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de planeamento e xestión situadas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo