Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de denegación do 20 de marzo de 2001 das axudas á contratación de traballadores en perigo de exclusión social do expediente administrativo FM 342E 2000/25-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado de resolución de denegación das axudas á contratación de traballadores en perigo de exclusión social da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342E 2000/25-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: José Manuel Estors Bahamonde.

Enderezo: r/ Bueu, 2-3º D, 36209 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data do 20 de marzo de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación de traballadores en perigo de exclusión social, presentada por José Manuel Estors Bahamonde, en nome e representación de José Manuel Estors Bahamonde, e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 2-10-2000.

Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación do expediente resulta o incumprimento dos

requisitos exisidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.

Terceiro.-Na tramitación do presente expediente, observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la presente solicitude corresponde, por delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 13-3-2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-O incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora ven motivado polas razóns seguintes:

O traballador contratado, segundo consta no certificado de períodos de incrición da oficina de emprego, non se atopaba inscrito como demandante de emprego no momento de inicia-la relación laboral obxecto da solicitude, polo que se incumpre a base 4ª do anexo D.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Non lle conceder a José Manuel Estors Bahamonde, a axuda solicitada pola contratación de Antonio Tebar Reboredo, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 20 de marzo de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 18 de setembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra