Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. S. Cristovo, Lóuzara, Campos.
Situación: Samos.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV cunha lonxitude de 0,606 km con orixe no apoio nº 42 da L.M.T. a C.T. de Louzarela conductor tipo LA-56/54,6 mm e final no C.T. de Campos. C.T. intemperie con potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea cunha lonxitude de 1,14 km con orixe no C.T. de Campos conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 5 de setembro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo