Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/98-2, 5682 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Penouta Berselos.

Situación: Baralla.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV cunha lonxitude de 1,079 km con orixe no apoio nº 7 da L.M.T. a C.T. de Francos conductor tipo LA-56/54,6 mm e final no C.T. de Berselos. C.T. intemperie, con potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 2,01 km con orixe no C.T. de Berselos, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo