Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.920

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslado entre funcionarios pertencentes ó corpo de médicos forenses convocado por Resolución do 5 de xullo de 2001.

Visto o expediente instruído para a provisión en concurso de traslado de forensías e agrupacións de forensías vacantes, anunciado por Resolución do 5 de xullo de 2001, publicada no BOE e DOG do 17 de xullo de 2001 e de conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, esta dirección xeral resolve:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican os médicos forenses que se relacionan no anexo, que, reunindo as condiciones legais, teñen dereito preferente.

Segundo.-Declarar desertas aquelas prazas convocadas no concurso que non foron cubertas por un titular.

Terceiro.

1. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será dun mes, pero, cando non implique cambio de residencia, deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ó do cesamento.

2. O prazo para a toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no BOE.

3. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

Cuarto.-O traslado do funcionario que se atope no desfrute de vacacións, permisos ou licencias de enfermidade e embarazo terá efectividade a partir da finalización destas. O día da súa incorporación cesarán no seu anterior destino, dispoñendo, a partir dese momento, de tres días hábiles ou un mes, de prazo posesorio.

Quinto.-Recursos. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de reposición ante a directora xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no BOE.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: López Rodríguez, José Manuel.

DNI: 32612721.

Destino anterior: Primeira Instancia e Instrucción número un, catro, seis. Ferrol (A Coruña).

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción número dous e tres. Ferrol (A Coruña).