Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.919

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión permanente de selección de persoal funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de setembro de 2001 pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, lista B, e vistas pola comisión permanente de selec

ción de persoal funcionario, na correspondente sesión, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución o aspirante que foi excluído nas listas provisionais, que emendou a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-O dito solicitante relacionado no citado anexo estará obrigado, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo B: 6.780 pesetas.

De non facelo no prazo indicado será excluído automaticamente das listas.

Estará exento do aboamento de taxas por dereito de inscrición no caso de posuír algunha discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

O interesado disporá dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que considere opor

tunas, que deberá dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Apelidos e nome: Vidal Neira, David.

NIF: 40991690D.

Base 5: 0,200.

Total(*): 0,200.

(*) Aplicadas as puntuacións tope por epígrafe.