Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 201/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de nesesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Casal-Trasvea (Santiago de Compostela).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 276 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 2 da liña que alimenta o C.T. Barciela e final en C.T. Casal-Trasvea, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Casal-Trasvea do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 600 m de lonxitude, no termo municipal de Santiago de Compostela.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicáronse no DOG do 16 de novembro e no

BOP do 8 de novembro, no xornal El Correo Gallego do día 25 de outubro de 2000 e nos taboleiros de anuncios da casa do Concello de Santiago de Compostela. Ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en conreto, a súa utilidade pública, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 13 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña