Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor
mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para urbanización O Salete.
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV conductor tipo R.H.Z. con lonxitude de 66 m en canalización simple e 27 m en canalización mixta MT/BT con orixe en apoio metálico proxectado C-2000/12 con paso aéreo a subterráneo e final no C.T. proxectado. C.T. prefabricado de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea con lonxitude de 705 m conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 11 de setembro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo