Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.768

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

Modalidade: préstamo.

Importe: ata 37.000.000 de euros, equivalentes a 6.156.282.000 pesetas, cun mínimo de oferta de 10.000.000 de euros, equivalentes a 1.663.860.000 pesetas (nun ou varios tramos).

Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións.

Moeda: euros.

Modalidades:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a euríbor a 3 meses.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción B: tipo de xuro fixo.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción C: calquera estructura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(SPI-Galicia, S.A. reserva para si, en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das tres opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 2001 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 20 de xuño de 2001. O contrato que se asine, poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI-Galicia, S.A.

Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI-Galicia, S.A., Praza de Europa, 10 A 5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda o seguinte: «Oferta de préstamo outubro 2001».

Prazo de presentación de ofertas: as ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 5 de novembro de 2001 no rexistro de SPI-Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de 8 días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

Juan José Novoa Montero

Presidente de SPI-Galicia, S.A.