Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.768

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

ANUNCIO.

Ponse en coñecemento do público en xeral que, de acordo coas condicións establecidas nas operacións crediticias a xuro variable formalizadas coa Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, en función da posible alteración dos xuros para préstamos a 3 anos de determinados bancos (neste caso, do Santander Central Hispano, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria e Español de Crédito), o tipo de referencia par o ano 2002 resulta se-lo 8,833%, que é a media aritmética simple dos mencionados tipos, declarados ó Banco de España o 30 de setembro de 2001.

Como consecuencia, o tipo de xuro nominal anual que se vai aplicar a cada unha das indicadas operacións crediticias e desde a data sinalada no contrato correspondente de inicio da posible alteración, será o resultado da suma alxebraica do dito tipo de referencia e da marxe pactada.

Roberto Rodríguez Moreira

Subdirector de Caixanova