Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/60-2, 5635 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mini Centrales Hidroeléctricas de Galicia, S.L.

Domicilio social: Tabernas 20-1º D, 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. de interconexión minicentral Búbal con L.M.T. Unión Fenosa.

Situación: Carballedo.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA con orixe en minicentral de Búbal e final en L.M.T. de Unión Fenosa de 660 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo