Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da seguinte instalación: parque eólico ampliación de Serra do Burgo. (Expediente IN661A 01/10-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico ampliación de Serra do Burgo, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico ampliación de Serra do Burgo.

Solicitante: Eólicas Sil, S.A.

Domicilio: r/ Circunvalación nº 17, 32350 A Rúa (Ourense).

Situación: terreos situados nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo (Ourense).

Delimitación, superficie e potencia: as coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-xUTM-y

16270004683350

26300004683350

36310004686000

46330004688000

56350004688000

66350004680000

76270004680000

O parque eólico disporá dun conxunto de 14 aeroxeradores de 850 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 11,9 mW.

Alegacións; solicitudes en competencia: todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as cales se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 8 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense