Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de trazado da vía rápida Ares-Mugardos. (Clave AC/00/33.1).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que

se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de trazado da vía rápida Ares-Mugardos. Clave: AC/00/33.1, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas

ANEXO

O artigo 1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, establece a obrigatoriedade de someter a avaliación de impacto ambiental os proxectos consistentes na realización de obras, instalacións ou actividades comprendidas no seu anexo I.

Dado que o proxecto obxecto desta declaración está incluído no punto 7 do citado anexo procédese a formula-la declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de trazado da vía rápida Ares-Mugardos. Clave AC/00/33.1.

No proxecto obxecto de avaliación estúdiase o trazado desde a rúa A do polígono de Vilar do Colo, situado no límite dos concellos de Fene e Cabanas á altura do p.k. 27+000 da estrada N-651 (Betanzos-Ferrol), ata o lugar da Cañota no concello de Mugardos, afectando os concellos de Fene, Ares e Mugardos na provincia da Coruña, cunha lonxitude de 6,1 km.

No anexo I resúmese o proxecto e as medidas correctoras e protectoras propostas.

En virtude do establecido no artigo 5, punto 2º do citado decreto, a Dirección Xeral de Obras Públicas, mediante a publicación no BOE do 23 de decembro de 2000 e no DOG do 29 de decembro de 2000, somete ó trámite de información pública o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da vía rápida Ares-Mugardos. Clave AC/00/33.1, nos concellos de Ares, Mugardos e Fene (A Coruña). Durante o período de información pública consta a presentación de alegacións de carácter ambiental, que se atopan resumidas no anexo III desta declaración.

Con data 10 de xullo de 2001 recíbese nesta dirección xeral o expediente remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, no que se inclúen os informes da Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento do Solo, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña, dos concellos de Ares, Mugardos e Fene e o da propia Dirección Xeral de Obras Públicas. No anexo II resúmense os anteditos informes.

Unha vez realizada a tramitación, conforme se establece no Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de trazado da vía rápida Ares-Mugardos. Clave AC/00/33.1, nos concellos de Ares, Mugardos e Fene (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

No que se refire ás alegacións de carácter ambiental, concretamente sobre a distancia ás edificacións, modificación do trazado do Camiño Francés, restauración e pantallas sonoras vexetais, estas foron tidas en conta no que procede nos puntos A, 1.2, 6 e 9 desta DIA, así como nas modificacións introducidas na alternativa elixida.

O órgano substantivo para este proxecto é a Dirección Xeral de Obras Públicas e o órgano ambiental a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os seguintes documentos presentados polo promotor:

-Proxecto de trazado vía rápida de Ares e Mugardos. Estudio de efectos ambientais. Xuño 2000.

-Proxecto de trazado vía rápida de Ares e Mugardos. Xuño 2000.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer, por esta declaración de impacto ambiental, as seguintes condicións ambientais, ademais das incluídas na documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o recollido na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá o disposto nesta última. En todo caso, a orde de prelación é a seguinte:

1. Declaración de impacto ambiental,

2. Proxecto de trazado. Vía rápida de Ares e Mugardos. Estudio de efectos ambientais. Xuño 2000,

3. Proxecto de trazado. Vía rápida Ares e Mugardos. Xuño 2000.

A) Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese á execución e explotación do proxecto de trazado da vía rápida Ares-Mugardos. Clave AC/00/33.1 para a denominada alternativa 1, coas modificacións derivadas da avaliación das respostas ás consultas efectuadas e ás alegacións presentadas, introducidas pola Dirección Xeral de Obras Públicas tralo consenso coas partes. A descrición do proxecto e das modificacións recóllense no anexo I desta declaración.

B) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión de po e gases.

1.1.1. A maquinaria utilizada na obra cumprirá coa normativa de emisións de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

1.1.2. Queda prohibida a queima de calquera tipo de material.

1.1.3. Tal e como se reflicte no estudio, minimizaranse as emisións de po á atmosfera durante a fase de construcción, debido á acción da maquinaria e ós movementos de terras, mediante a humectación de viais e zonas de obras durante os períodos de seca e ventos fortes que favorezan a dispersión

de finos. Todo iso co fin de que nos núcleos habitados próximos ó lugar onde se realizan as obras non se superen os límites para partículas sedimentables establecidos na lexislación vixente.

1.2. Sobre o ruído.

1.2.1. Adoptaranse as medidas correctoras sinaladas no estudio de impacto ambiental e consistentes na disposición de oito (8) pantallas de protección sonora conformadas a base de material vexetal.

1.2.2. A súa execución realizarase conxuntamente cos labores de restauración e estarán sometidos ó mesmo prego de condicións técnicas.

1.2.3. Co fin de comproba-la efectividade das pantallas propostas e que non se superan os niveis de presión sonora recollidos na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto) e, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais dos concellos afectados, deberán realizarse unha serie de medicións durante as fases de obra e funcionamento. Neste sentido, deberá presentarse unha proposta de plan de control do cumprimento dos límites de niveis sonoros de acordo co indicado no punto 9.1.

2. Protección do solo.

2.1. De xeito previo ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de xeito que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

2.2. Definiranse os vieiros que se van utilizar en obra primando o uso da propia traza fronte ó de vieiros locais preexistentes e, de ámbolos dous, fronte á apertura de novos vieiros. Neste último caso, deberá xustificarse a súa necesidade, así como asegurar que non xeran impactos adicionais. Estes vieiros deberán ser definidos e reflectirse en planos a escala 1:2000, segundo o requirido no punto 9.2.

2.3. Delimitaranse os espacios destinados á acollida das instalacións auxiliares para a execución da obra (parque de maquinaria, zona de mantemento de maquinaria, zona de almacenamento de materiais, etcétera). Estas localizaranse en espacios carentes de valores ambientais relevantes, sobre todo os sinalados no plano factores ambientais. Xuño de 2000 e estarán dotadas dos equipamentos precisos para garantir que non se xeran impactos adicionais a consecuencia do seu funcionamento e virán reflectidos na documentación solicitada no punto 9.3.

2.4. Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, áridos ou aglomerado asfáltico, estes, necesariamente, serán provistos desde planta ou plantas fóra da obra e que conten coas debidas autorizacións.

2.5. Os labores de mantemento da maquinaria de obra non apta para circular por estrada realizaranse dentro da zona de mantemento de maquinaria, dispoñendo dos medios necesarios para previr calquera

afección ó solo por derrames accidentais. No caso da maquinaria apta para esta circulación, deberán realizarse en talleres autorizados.

2.6. De realizarse almacenamentos temporais de residuos mentres non se produce a súa entrega a xestor autorizado, estes localizaranse dentro da zona de obras en superficies delimitadas e sinalizadas, nas que deberán disporse contedores ou outros medios que se estimen necesarios para evitar afeccións ó solo, tal e como se recolle no punto 6.1.3.4 do estudio ambiental. Esta zona localizarase nos planos requiridos no punto 9.4.

2.7. A totalidade dos residuos que se xeren como consecuencia da execución e explotación da infraestructura serán xestionados de acordo coa súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a súa reutilización e reciclaxe fronte á súa vertedura. Os sobrantes de terra, de acordo co proposto na documentación, serán depositados en lugares autorizados por órgano competente.

2.8. Retirarase e amorearase a terra vexetal procedente dos labores de escavación e movementos de terras, tal e como se indica no punto 6.1.3 do estudio ambiental, co obxecto de usala posteriormente no proceso de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios afectados polas obras. Esta zona localizarase nos planos requiridos no punto 9.4.

2.9. Na totalidade das zonas afectadas por movementos de terras e en todas aquelas superficies denudadas que se xeren a consecuencia do desenvolvemento das obras, aplicaranse coa maior brevidade posible os procedementos de revexetación.

2.10. A totalidade dos materiais que se precisen deberán proceder de canteiras autorizadas. No caso de que se precise a apertura de canteiras para a execución das obras ou a xeración de vertedoiros para sobrantes do proceso de movementos de terras, solicitaranse previamente as autorizacións correspondentes en aplicación da lexislación vixente.

2.11. Unha vez finalizadas as obras, desmantelaranse tódalas instalacións auxiliares e, no caso de que estas non estiveran localizadas sobre a traza, restauraranse e restituiranse as súas condicións preoperacionais.

3. Protección das augas e leitos.

3.1. Previamente a calquera afección no dominio público hidráulico, zona de servidume ou policía dos ríos Baa e Barca ou de calquera outro curso, será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

3.2. Queda prohibida a vertedura de calquera tipo de material ou substancia ás augas continentais.

3.3. De forma previa á execución das obras, procederase ó replanteo e balizado da zona de traballo no ámbito dos puntos de paso sobre a rede fluvial, co obxecto de evitar afeccións innecesarias ós sistemas fluviais do territorio, quedando expresamente

prohibida a utilización de marxes, ribeiras e zonas de servidume como lugar para o depósito de materiais, parques de maquinaria e, en xeral, todas aquelas actividades que supoñan un risco de contaminación das augas ou alteración innecesaria dos ecosistemas asociados.

3.4. Disporanse, nos arredores dos puntos de paso sobre a rede fluvial, sistemas que controlen as potenciais achegas de finos ou outros elementos potencialmente contaminantes das augas a consecuencia das operacións de movementos de terras ou outras operacións de obra. A definición e localización destes sistemas presentarase na documentación solicitada no punto 9.5.

3.5. Evitarase a adopción de pasos tipo marco e tubo. No caso de que isto non sexa posible, adoptaranse as modificacións e/ou medidas precisas para asegurar que non se converten en obstáculos para o remonte da fauna piscícola. Para isto, verificarase no seu deseño que non se xerarán láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade, presentándose o correspondente cálculo hidráulico.

3.6. No deseño dos dispositivos de drenaxe terase en conta a capacidade de acollida dos regos receptores, de forma que as achegas non ocasionen alteracións substanciais nestes.

3.7. Así mesmo, proxectaranse de xeito que se evite a formación de asolagamentos ou deposicións nos puntos de incorporación á rede natural. Evitaranse os transvasamentos de augas dunhas cuncas a outras. Este deseño tamén deberá asegurar que as obras de drenaxe transversal non produzan erosión, dispoñéndose dispositivos disipadores naqueles puntos onde sexan previsibles estes fenómenos. A achega de auga farase gradualmente ó longo do curso, salvando así un aumento brusco do caudal nunha sección concreta. Estas obras de drenaxe deberán vir reflectidas nos planos requiridos no punto 9.6.

3.8. Deberá desenvolverse un programa de seguimento da evolución da calidade das augas que abranguerá a totalidade do período de obra e os dous primeiros anos de funcionamento da infraestructura. Igualmente, establecerase un sistema de seguimento sobre a aparición de fenómenos erosivos asociados ás estructuras de drenaxe. Ámbalas dúas cuestións deberán ser incorporadas ó programa de vixilancia ambiental.

4. Protección da vexetación.

4.1. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra.

4.2. En fase de replanteo, balizaranse aquelas comunidades vexetais de carácter climático e interese ambiental presentes no contorno do espacio afectado polo proxecto, co obxecto de evitar danos innecesarios sobre a vexetación. Prestarase especial atención á comunidade riparia asociada ó río Baa.

4.3. Previamente a calquera afección á vexetación de ribeira obterase autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural da Coruña. Así mesmo, para a corta de arborado realizarase a solicitude de autorización ou a comunicación de corta, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

4.4. A eliminación da vexetación da área que se vai revexetar será sempre mediante sistemas de roza que faciliten a revexetación natural.

5. Protección da fauna.

5.1. Na programación das voaduras deberán considerarse os períodos de reproducción e cría das especies faunísticas presentes, minimizando a súa afección.

5.2. No proceso de definición das estructuras de drenaxe transversal, considerarase como factor de deseño a utilidade destas como punto de paso para a fauna, polo que se recomenda evita-las estructuras tipo tubo ou marco, considerarase que a totalidade dos sistemas de drenaxe deben servir como pasos en ámbolos dous sentidos para a fauna, prescindirase de estructuras verticais que impidan o retorno, e adoptaranse as medidas complementarias que favorezan a aceptación da fauna á que se destina o paso dificultando a acción dos predadores e dos cazadores furtivos.

5.3. Desenvolverase o documento proposto no estudio ambiental proxecto de axeitamento da infraestructura ás comunidades faunísticas do territorio.

5.4. Deberá implementarse un programa de seguimento destinado a avalia-la eficacia das ditas estructuras como lugares de paso para a fauna. Incorporarase ó programa de vixilancia ambiental e aplicarase no curso dos dous primeiros anos de explotación do vieiro.

6. Protección da paisaxe.

6.1. Adaptarase ó proxecto de restauración contido no estudio de impacto ambiental, de xeito que unha vez definidas no proxecto constructivo, as necesidades efectivas de deposición de sobrantes ou ocupación de espacios adicionais ós previstos no proxecto de trazado para instalacións de carácter auxiliar ás obras, se desenvolvan e orzamenten as medidas previstas no proxecto de restauración contido no estudio de impacto ambiental para estas zonas.

6.2. No caso de producirse tramos mortos desta estrada ou doutra infraestructura, procederase a restauralos, rehabilitalos ou reformalos.

7. Protección do patrimonio.

7.1. Presentarase un proxecto de control e seguimento arqueolóxico aplicable ás fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos; proxecto que deberá ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de forma previa ó comezo das obras.

7.2. Tódolos elementos do patrimonio cultural deberán figurar na cartografía empregada polo persoal de obra, co obxecto de evitar posibles afeccións.

7.3. Balizaranse e sinalizaranse os elementos etnográficos situados nas marxes dos vieiros utilizados en obra.

7.4. No caso de que aparezan depósitos arqueolóxicos no curso das obras, deberanse establecer e executa-las medidas correctoras oportunas para palia-lo impacto.

7.5. No que respecta ós depósitos arqueolóxicos xa coñecidos e afectados polo trazado, aplicaranse as medidas correctoras que se indican na memoria técnica da prospección arqueolóxica, consistentes na realización de sondaxes manuais na zona do castro de San Vitorio, mantemento da pantalla vexetal preto da igrexa de S. Xoán de Piñeiro e no seguimento arqueolóxico das obras.

8. Programa de seguimento e vixilancia ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas no estudio de impacto ambiental e no condicionado desta declaración. O programa pode permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar efectos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Con este fin, adaptarase o programa de vixilancia e seguimento ambiental contido no estudio de impacto ambiental ós novos condicionantes xurdidos desta declaración, incorporándose ás correspondentes partidas orzamentarias e remitíndoo ó órgano ambiental para a súa avaliación previa ó comezo das obras.

8.1. Tódalas analíticas e medicións deberán ser realizadas por entidade homologada e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. Así mesmo, e tal e como se estipula no punto 10.4 desta declaración, deberá nomearse un responsable do cumprimento do programa de vixilancia e seguimento ambiental.

8.2. Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá, a esta dirección xeral dous (2) exemplares de:

8.2.1. Durante a fase de obras:

a) Mensualmente: cronograma actualizado das obras, xunto cun plano no que se reflicta a zona de actuación prevista para o seguinte mes.

b) Trimestralmente: memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental indicado no punto 9.10, xunto co cronograma actualizado das obras. Indicaranse, se é o caso, as variacións producidas con respecto ó proxectado.

c) Antes da emisión da acta de recepción: memoria-resumo da aplicación do programa de vixilancia e seguimento ambiental que reflicta o cumprimento

de tódalas medidas correctoras previstas no estudio así como as impostas na DIA e en concreto:

-Informe, acompañado de reportaxe fotográfica na que se reflicta o estado da vía e dos traballos de restauración levados a cabo, indicando se é o caso as variacións producidas con respecto ó proxectado.

8.2.2. Despois da recepción das obras e anualmente durante tres (3) anos:

a) Memoria-resumo do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental solicitado no punto 9.10, no que se inclúan as incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.

9. Documentación adicional.

Previamente ó comezo das obras, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para a súa avaliación e, se procede, imposición de novas medidas que do dito proceso puideran derivarse, dous (2) exemplares da seguinte documentación:

9.1. Estudio de previsión de emisións acústicas en fase de explotación, conforme o estipulado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. Acompañarase dunha proposta de plan de control para desenvolver co fin de comproba-la funcionalidade das pantallas sonoras propostas e o cumprimento dos límites de niveis sonoros. Neste plan definiranse como mínimo os puntos de control nos que se realizarán as medicións, distancias a núcleos de poboación destes puntos, a frecuencia e franxas horarias nas que se realizarán os controis, a metodoloxía da medición e calquera outro dato que poida resultar de interese, conforme o establecido no punto 1.2.3.

9.2. Memoria na que se defina a localización dos vieiros de obra, xustificando a necesidade de apertura de novos vieiros no caso de que se precisen. Acompañarase de planos a escala 1/2000 e referenciado en coordenadas UTM onde conste a súa localización e características, conforme establece o punto 2.2.

9.3. Memoria na que conste a localización e equipamentos das instalacións auxiliares precisas para a execución das obras proxectadas. Reflectirase en planos a escala 1/2.000 e referenciados en coordenadas UTM onde se reflicta a localización das ditas instalacións e os equipamentos con que se dotan, conforme establece o punto 2.3.

9.4. Memoria na que se defina a localización dos lugares de amoreamento da terra vexetal e de residuos, diferenciando os perigosos dos non perigosos. Acompañarase de planos a escala 1/2000, referenciados en coordenadas UTM onde conste a súa localización, conforme establece o punto 2.5 e 2.6.

9.5. Definición dos sistemas de prevención fronte á contaminación das augas. Acompañarase de planos a escala 1/1000 referenciado en coordenadas UTM

onde conste a súa localización, conforme establece o punto 3.4.

9.6. Detalle das estructuras de paso sobre a rede fluvial conforme se sinala na condición 3.6., tendo en conta o indicado nos puntos 3.5, 5.2 e 5.3.

9.7. Proxecto de restauración adaptado ós condicionantes derivados da DIA, conforme establecen os puntos 2.7., 2.10. e 6.

9.8. Proxecto de seguimento e control arqueolóxico e proxecto de sondaxes no castro de San Vitorio, e copia da autorización destes proxectos emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental conforme establece o punto 7.

9.9. Proxecto de axeitamento da infraestructura ás comunidades faunísticas do territorio, tal e como se indica no punto 5.3.

9.10. Programa de vixilancia ambiental adaptado ós condicionantes derivados da DIA, conforme establecen os puntos 3.8., 5.4. e 8.

9.11. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

9.12. Como mínimo 48 horas antes do inicio das obras, remitirase cronograma de obras actualizado.

10. Condicións adicionais.

10.1. A Dirección Xeral de Obras Públicas comunicará a esta dirección xeral a data de comezo de execución das obras.

10.2. Se unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de efecto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e se corrixan. Do mesmo xeito se poderá proceder no caso de incumprimento total ou parcial das condicións expostas nesta declaración.

10.3. As condicións sinaladas nesta DIA son de obrigado cumprimento. Non obstante, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa execución e sempre e cando as novas medidas propostas permitan alcanza-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes de lle ser notificada a esta declaración, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas comu

nicando o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

10.4. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano ambiental.

10.5. Calquera cambio no proxecto obxecto desta declaración deberá ser comunicado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

10.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá dictar en calquera momento e para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais ós que constan nesta DIA en función dos resultados que se acaden tanto no desenvolvemento das obras como durante a explotación, ou ante unha manifestación de calquera tipo de impacto non considerado ata o momento.

10.7. Se unha vez emitida esta DIA se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e sexan corrixidas.

10.8. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Descrición do proxecto e resumo de medidas correctoras

Descrición do proxecto.

O obxectivo do proxecto é dotar dunha vía rápida coa capacidade suficiente, que conecte a península de Ares-Mugardos coa autoestrada e a N-651.

O ámbito do proxecto comprende: desde a rúa A do polígono de Vilar do Colo, situado no límite dos concellos de Fene e Cabanas á altura do p.k. 27+000 da estrada N-651 (Betanzos -Ferrol), ata o lugar da Cañota (C.P. 3504) no T.M. de Mugardos, afectando os concellos de Fene, Ares e Mugardos na provincia da Coruña.

Para cumprir este obxectivo xeral, o novo vieiro ten que enlazar con todo o sistema viario da zona, que comprende: a estrada CP-3504 do Seixo a Mugardos, AC-122 Cabanas-Mugardos, AC-123 Ramal da AC-122 a Ares e estrada da Armada CP-3501, cos centros máis importantes de captación e xeración de tráfico, en concreto, as instalacións portuarias de Punta Promontoiro.

Tipo de vía.

Ó trazado en planta e alzado fóronlle impostas, de modo xeral, as condicións mínimas dunha vía rápida, con velocidade específica de 80 km/h e valado lateral para o control de accesos.

A sección tipo é a seguinte:

-Beiravía: 2,50 m.

-Calzadas (2): 7 m.

O largo total da sección é de 12 m.

Nos camiños de servicio a sección tipo é a seguinte:

-Beiravías: 0,5 m.

-Calzadas (2): 5 m.

Trazado.

Características xeométricas trazado:

-Lonxitude total da solución=6.108 km.

-Lonxitude máxima en aliñación recta, L=530 m.

-Radio de curva circular mínimo, R=300 m.

-Pendente lonxitudinal máxima, p=6%.

-Pendente lonxitudinal mínima, p=0,20%.

Descrición do trazado:

Alternativa 1.

A orixe do eixe (p.k. 0+000) atópase no lugar da Cañota (C.P. 3504-Pedreira a Maniños) no T.M. de Mugardos, Neste punto proxéctase unha glorieta de conexión cos vieiros da zona.

No p.k. 0+200, crúzase a estrada conexión da AC-122 (p.k. 7+900) coa C.P. 3504 de Pedreira a Maniños, mediante un paso inferior.

No p.k. 1+350, atópase o cruzamento entre as estradas AC-122 (N-651 a Mugardos), a AC-123 (ramal da AC-122 a Ares) e o camiño municipal a Franza de Abaixo; proxectándose unha glorieta a nivel de radio exterior 48,5 m, salvándose o paso da vía rápida por este punto cun viaducto con ramais de enlace coa glorieta.

Á altura do p.k. 3+340 sitúase o enlace de San Xoán de Piñeiro, que serve para conecta-lo vieiro de estudio coa estrada AC-122. A conexión faise mediante unha glorieta a distinto nivel con ramais de enlace.

No p.k. 3+960 sitúase un paso inferior para salva-la liña de FF.CC. Betanzos-Ferrol.

O enlace da estrada da Armada, situado no p.k. 4+290 é das mesmas características que o de San Xoán de Piñeiro e serve para conecta-lo vieiro que se estudia coa estrada E.P. 3501, de Limodre a Penalonga.

O remate do eixo (p.k. 6+108.298) conecta coa rúa A do polígono Vilar de Colo, que á súa vez accede á estrada N-651 e á autoestrada do Atlántico.

Proxéctase unha conexión coas instalacións portuarias de Punta Promontoiro en Mugardos, enlace que conecta coa glorieta estrada E.P. 3504 do comezo da traza.

Alternativa 2.

A orixe do eixo (p.k. 0+000) atópase no lugar da Cañota (E.P. 3504-Pedreira a Maniños) no T.M. de Mugardos. Neste punto proxéctase unha glorieta de conexión cos vieiros da zona.

Así, discorre ó norte do lugar de Penso e, despois de pasar adxacente á igrexa e cemiterio de Franza, cruza a cunca do Baa no punto de confluencia entre este e o rego da Chousa (p.k. 2+650).

A partir de aí, volve xirar cara ó sur-sureste para cruza-la estrada de Chousa a Pombal, seccionando o extremo sur deste último núcleo e, tras volver a salva-lo río Baa e o FF.CC. (p.k. 3+600-p.k. 3+650) entronca coa alternativa 1 á altura do seu p.k. 4+600.

Desde este punto ata o remate (p.k. 5+794), o seu trazado é idéntico ó da A-1.

Alternativa 3.

A orixe do eixo (p.k. 0+000) atópase no lugar da Cañota (E.P. 3504 -Pedreira a Maniños) no T.M. de Mugardos. Neste punto proxéctase unha glorieta de conexión cos vieiros da zona.

O seu trazado é semellante ó da alternativa 1 ata acada-lo p.k. 1+000. Aí, esta alternativa 3 prosegue cara ó sur ata o p.k. 1+500, onde se produce un xiro cara ó leste que permite supera-los núcleos de Franza, San Vitorio e Monteirado polo sur, deixando ó sur do trazado o lugar do Vilar.

Prosegue desde este punto en dirección leste de forma paralela ó trazado da A-1 aínda que discorrendo lixeiramente ó sur daquela para cruza-lo río Baa no p.k. 4+100 despois dun xiro cara ó nordeste tras supera-lo lugar de Fonte e entroncar coa A-1 á altura do p.k. 4+800.

Desde este punto ata o remate (p.k. 6+488), o seu trazado é idéntico ó da A-1.

Modificacións introducidas unha vez rematado o trámite de información pública.

A consecuencia do proceso de consultas e información pública a que foi sometido o proxecto de trazado da vía rápida Ares-Mugardos. Clave AC/00/33.1, e avaliadas as respostas ás consultas efectuadas e as alegacións presentadas, a Dirección Xeral de Obras Públicas, tralo consenso coas partes, modifica o citado proxecto de trazado nos seguintes termos:

1. Para mitiga-la afección ó núcleo de Franza que se apunta na alegación municipal de Mugardos, propóñense as seguintes melloras:

* Diminuí-lo diámetro da glorieta.

* Inverte-la rasante, de maneira que a vía rápida discorra en trincheira en lugar de en viaducto mantendo o trazado en planta proposto.

2. Realizaranse melloras no camiño de acceso á igrexa de San Xoán de Piñeiro e na reposición do Camiño dos Franceses.

3. A reposición do camiño chamado CM-8 axustarase á verdadeira disposición das parcelas co fin de que non queden restos inútiles ós propietarios.

4. A modificación do camiño de servicio CM-11 realizarase sempre e cando non se altere o curso do río Baa e coa conformidade do Concello de Fene e dos veciños afectados polo cambio de trazado.

5. Condiciónase a modificación de prioridades no enlace coa CP-3504 á correspondente conformidade da Deputación Provincial da Coruña.

Resumo das medidas correctoras.

Atmosfera, composición:

-Planificación e delimitación exacta das zonas sometidas á actividade.

-Planificación dos transportes; minimizando a circulación fóra da área de execución.

-Programación flexible dos traballos de movementos de terra e transporte de material que permita eludir a súa realización en condicións atmosféricas desfavorables.

-Mantemento e funcionamento de maquinaria nas condicións óptimas.

-En situacións desfavorables, realización de regas.

-En situacións desfavorables, recubrimento das materias para transportar, principalmente cando o traxecto se realice nas proximidades de zonas habitadas e cando o transporte do material traspase os límites da superficie de execución.

Atmosfera, niveis sonoros:

-Execución de pantallas vexetais.

-Realizacións de campañas de medición directa dos niveis sonoros durante os primeiros anos de funcionamento.

Solo; características edáficas:

-Planificación e delimitación das zonas sometidas a actividade, minimizando a producción de volume de materiais sobrantes.

-Definición clara das áreas de circulación, estacionamento, almacenamento de materiais, parques de maquinaria, etcétera, para reducir ó máximo ás áreas sometidas a alteración. A limitación realizarase con anterioridade ó inicio das obras, establecendo un plan viario e de accesos á obra.

-Recoméndase emprega-la propia traza da vía rápida como viario de obra, establecendo sobre ela o parque de estacionamento de maquinaria e a área de almacenamento de materiais. No caso de non ser posible, empregar espacios en zonas de baixa calidade ambiental.

-Colocación nestas áreas de contedores para vertedura de materiais de refugallo, de forma que tódo

los residuos producidos na obra sexan clasificados e segregados na súa orixe.

-Prevención de verteduras accidentais dos vehículos e maquinaria empregados na fase de execución habilitando zonas especiais (parques de maquinaria) para que se realicen reparacións ou outras manipulacións na maquinaria. Establecemento de plan de recollida destes residuos considerados perigosos. Colocación, nas zonas de manipulacións de substancias contaminantes, dunha lámina impermeable e un teito de protección, rodeando esta superficie dunha canle perimetral.

-Neutralizaranse os derrames accidentais mediante adsorción con celulosa ou saburra, xestionando o producto como perigoso. Recoméndase empregar talleres autorizados.

-Reconstrucción da secuencia de horizontes nos terrapléns, na medida do posible.

-Recuperación e tratamento do máximo volume de solo fértil, para o seu posterior emprego. Para iso amorearase en parques situados fóra das zonas consideradas de interese ambiental, en superficies con pendentes menores ó 10%, evitando a proximidade a cursos de auga ou zonas con posibilidade de asolagamento. Recomendacións do método de almacenamento e mantemento dos amoreamentos de terra.

-Minimización das superficies afectadas polo proxecto de construcción e control posterior do replanteo e a execución das obras.

-Deberá establecerse un plan de recolocación de materiais sobrantes. A situación dos puntos de vertedura deberán estar definidas antes do inicio das obras de construcción. Recoméndase recorrer á utilización de canteiras abandonadas ou outros espacios degradados do contorno.

-No caso de que sexa necesaria a obtención de material de préstamo, realizarase un plan de amoreamento previo ó inicio da obra, situándose fóra da traza. Realizarase previamente ó inicio das obras un proxecto de rexeneración das superficies.

-Protección das superficies mediante un plan de revexetación de estructuras, principalmente noiros e zonas denudadas (proxecto de restauración e integración paisaxística).

Calidade das augas.

-O plan de obra do proxecto constructivo definirá un plan viario e de accesos a obra. Nestas zonas, deberá imposibilitarse o acceso de maquinaria, sempre que sexa posible, a unha franxa de 10 m de largura con respecto ó bordo das láminas de auga.

-Durante a construcción dos pasos sobre o río Baa e Barca, así como outras infraestructuras de drenaxe, evitarase na medida do posible a destrucción da vexetación de ribeira. E se non fose posible, redactarase un plan de recuperación deste espacio. A aplicación deste plan coordinarase cos labores de restauración e integración paisaxística.

Procesos de escorrega.

-Recoméndase realizar un seguimento do correcto deseño, localización e dimensionamento dos sistemas de drenaxe.

Tratamento das cunetas.

-Definirase un plan de labores periódicos de limpeza e conservación dos sistemas de drenaxe.

-Na limpeza das cunetas evitarase na medida do posible a utilización de productos herbicidas, recorrendo á realización destes labores con medios mecánicos.

Fauna.

-O sistema de drenaxe lonxitudinal pode ser utilizado para favorece-lo paso da herpetofauna, empregando as técnicas recollidas na unidade de contornos fluviais do proxecto de restauración e integración paisaxística.

-Para iso e para resolve-lo posible efecto barreira da vía sobre os restantes grupos faunísticos, especialmente sobre os mamíferos, debera realizarse un proxecto de adecuación da infraestructura ás comunidades faunísticas do territorio, ó mesmo tempo que o proxecto constructivo.

Acondicionamento paisaxístico: proxecto de restauración e pantallas sonoras.

ANEXO II

Resultado do proceso de consultas

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa do seguinte:

1. Considerar favorablemente o trazado do proxecto vía rápida Ares Mugardos remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, debendo realizarse as actuacións arqueolóxicas previstas no proxecto de trazado e na memoria técnica do proxecto de prospección arqueolóxica nova estrada de conexión de Ares a Mugardos coa R.I.X.E.

2. Deberá presentarse un proxecto arqueolóxico, para o control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, proxecto que terá que ser autorizado por esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nesta fase previa ó inicio das obras.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

3. Tódolos elementos do patrimonio cultural deberán figurar na cartografía empregada polo persoal da obra, de cara a evitar posibles afeccións.

Os elementos etnográficos, no caso de que se utilicen de acceso ás obras para maquinaria e/ou camións ás pistas ó bordo das que se localizan estes elementos, deberán sinalizarse adecuadamente de cara a evita-la súa afección.

No caso de que aparezan depósitos arqueolóxicos no transcurso da realización das obras de construcción, deberanse establecer e executa-las medidas correctoras pertinentes para palia-lo impacto.

No que se refire os depósitos xa coñecidos e afectados polo trazado, as medidas correctoras que se deberán adoptar son as que se indican na memoria técnica do proxecto de prospección arqueolóxica nova estrada de conexión de Ares a Mugardos coa R.I.X.E., antes citada.

4. Tódalas actuacións arqueolóxicas deberán ser realizadas por técnicos arqueólogos, de acordo cun proxecto presentado que deberá ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, tal e como se estipula no artigo 61 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e no Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia. O deseño do proxecto, así como a súa execución farase en coordinación con esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Así mesmo, en virtude da citada Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia os traballos arqueolóxicos faranse con cargo ó financiamento do proxecto.

Calquera modificación do trazado do proxecto vía rápida de Ares e Mugardos deberá ser comunicado coa maior brevidade posible á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Tendo en conta o anteriormente exposto, deberanse tomar medidas oportunas que garanten a protección do patrimonio cultural, de acordo coa lexislación vixente referida neste informe.

A Dirección Xeral de Saúde Pública, estudiado o expediente remitido, emite informe favorable á alternativa elixida, sen detrimento das competencias propias doutros organismos.

A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia non ten nada que obxectar xa que no plano enviado obsérvase que non afecta a estradas do Estado.

A Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento dol Solo, examinado o proxecto polos servicios técnicos, realiza as seguintes observacións:

1. O trazado desenvolvido para a vía rápida, calquera das súas tres alternativas, ten como tramo final a denominada rúa A da actuación industrial Vilar do Colo.

2. A conversión de calquera dos viais da actuación en vía rápida implicará accesos desde e ás propiedades colindantes, produciríase un incremento da IMD inadmisible para un polígono industrial.

3. Por iso, considérase que. calquera alternativa de trazado debería preve-la circunvalación desta actuación industrial.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sinala unha serie de cuestións que deben considerarse no proceso de deseño de detalle do proxecto, é dicir, fases do proxecto de trazado e/ou proxecto constructivo. Estas son as indicadas a continuación:

É preciso que se realicen e estudien en detalle aqueles axustes de cálculo e deseño no que respecta ós sistemas de drenaxe proxectados (tanto lonxitudinais como transversais), de maneira que non se produzan alteracións sobre a rede hidrográfica á altura dos puntos de desaugamento, nin se xeren fenómenos erosivos, asolagamentos ou sedimentacións.

Deberá respectarse o réxime de caudais nos cursos interceptados polo proxecto. Ademais, nas seccións directamente implicadas, certificarase e xustificarase que o fluxo das augas manteña as actuais condicións de velocidade e profundidade da lámina de auga, para o que se establecerán aquelas estructuras que resulten precisas para cumprir co indicado. En todo caso, xustificarase tecnicamente a adecuación das solucións adaptadas ós obxectivos indicados.

Evitarase a adopción de pasos tipo marco pechado ou conducción circular e, no caso de que se adopten, disporanse as medidas e modificacións oportunas co obxecto de asegurar que non se converten en obstáculos para o remonte da fauna piscícola, para isto, o seu deseño asegurará que non se xeran, no punto de paso, láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade e que se minimiza a lonxitude do marco ó máximo posible. Para isto, primará a adopción de estructuras de paso que non alteren os leitos.

Achegarase un estudio xustificativo da adopción das medidas precisas para asegura-lo logro dos obxectivos planeados, ou no caso contrario, deberá xustificarse a imposibilidade de non empregar estructuras diferentes ás de tipo marco pechado ou conducción circular.

Evitarase a vertedura de substancias contaminantes ás augas (cemento, residuos, aceites...). Asemade, non se poderá altera-la calidade das augas no que respecta ás súas condicións físico-químicas, cumprindo para iso co establecido na lexislación vixente, é dicir, Directiva 78/659/CEE, R.D. 927/1988 e D 130/1997. Así mesmo, e en relación con isto, deberá terse en conta que non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume terras, residuos, material de construcción ou calquera outro tipo de material ou substancias contaminantes que, a consecuencia de escorregas ou crecidas, puideran incorporarse ós cursos de auga e evitarase, no posible, o arrastre de sólidos en suspensión e prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

Establecerase un procedemento de vixilancia sobre a posible aparición de fenómenos erosivos oca

sionados pola rede de drenaxe. Incorporarase ó programa de vixilancia ambiental e manterase durante a vida útil do proxecto.

Engaden que non se poderán afectar os leitos e as zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de conca. No caso de que a modificación afecte ós ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural segundo o disposto no artigo 77.3º do D. 130/1997.

Cando se pretendan realizar cortas de especies arbóreas deberá terse en conta o disposto no Regulamento de montes, o que implica que terá que facerse a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de que se afecte á vexetación de ribeira solicitarase a correspondente autorización ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal e como establece o D. 130/1997.

Para o aproveitamento e utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas, será precisa autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento. Para a modificación da vexetación de ribeiras e marxes precisarase dun informe do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como dispón o artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

En atención ó posible efecto barreira da infraestructura respecto da fauna, as obras de drenaxe transversal deben presentar amplitude suficiente para permiti-lo paso daquela. Recoméndase evitar sistemas de drenaxe tipo marco ou tubo. Así mesmo, a totalidade dos sistemas de drenaxe deben ser considerados como pasos bidireccionais para fauna, polo que deben carecer de estructuras verticais que impidan o retorno.

En todo caso convén adoptar medidas complementarias que favorezan a aceptación da fauna á que se destina o paso e que dificulten a acción dos predadores e dos cazadores furtivos.

No caso de non poder habilitarse pasos axeitados, deben considerarse medidas compensatorias.

Deberá desenvolverse o documento proposto no estudio ambiental proxecto de axeitamento da infraestructura ás comunidades faunísticas do territorio.

No caso de deixarse tramos mortos desta estrada ou doutra infraestructura debe procederse á súa restauración, rehabilitación ou reforma. Tendendo sempre que sexa posible ó emprego das infraestructuras e instalacións xa existentes.

Non se poderán depositar nin acumular residuos sólidos no ámbito da zona de obras. No caso de utilizárense canteiras abandonadas ou outros lugares para o almacenamento de residuos, indicarase cáles son e establecerase un programa de actuacións para

acondicionar estas zonas acadando unha boa integración co medio. En calquera caso, a totalidade dos residuos xerados tanto en fase de construcción como de explotación, deberán xestionarse de acordo coa súa natureza e a lexislación vixente.

Así mesmo, incídese na importancia de maximiza-la recuperación de terra vexetal e de desenvolver procedementos de xestión axeitados, dos que se xunta guión básico, co obxecto da súa utilización posterior no marco da restauración vexetal dos espacios afectados polas obras.

No que respecta ás medidas correctoras e protectoras, deberán desenvolverse e definirse con detalle suficiente, orzamentarse e incorporarse ó proxecto.

Deben establecerse os custos dos procedementos de seguimento da aplicación das medidas que se van adoptar.

Respecto á afección á costa, o Servicio de Conservación do Litoral informa:

A obra incide puntualmente na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, de xeito que se atopará entre os usos permitidos de conformidade co artigo 25.1º b) da Lei de costas.

Para os efectos da emisión do informe previsto no artigo 97.4º do Regulamento de costas (R.D. 1471/1989, do 1 de decembro), haberán de enviar un exemplar do proxecto da obra, comprensivo dos documentos a que se refire o artigo 88 do regulamento citado, unha vez obtida a declaración favorable do impacto ambiental.

ANEXO III

Resumo de alegacións de carácter ambiental

Segundo Pazos Freire manifesta a súa oposición a que o novo trazado do Camiño Francés discorra polo seu predio nº 278. Sinala que este é un aspecto alleo ó proxecto e que polo tanto non procede a execución da variante do camiño francés.

Manuel A. Souto García e 131 veciños de Franza manifestan a súa preocupación polo tráfico de mercadorías perigosas que utilizará o novo vieiro, solicitando que se tomen tódalas medidas precisas para garanti-la inexistencia de accidentes, problemas de saúde e ambientais debido a estes tráficos. Solicitan tamén o desprazamento cara ó sur da rotonda elevada do enlace AC-122 e AC-123, co obxecto de afastalo do núcleo de Franza.

María Vila Corral e 2 asinantes máis sinalan ser propietarios dos predios nº 133 e 134, onde se sitúa a vivenda da súa propiedade. Por tanto, opóñense a que a vía rápida pase tan próxima á vivenda e lles ocupe parcialmente ámbalas dúas parcelas.

J. Manuel Suárez Fernández e 3 veciños máis indican ser propietarios dos predios sobre os que se traza o vieiro de servicio, sobre os que se sitúan as súas vivendas e que o trazado do vial de servicio lles afecta ós peches dos predios, quedando ó bordo dunha das edificacións. Propoñen que o trazado se modifique lixeiramente, sen saír do ámbito dos seus

predios, pero afastándoo o máximo posible das edificacións.

O Concello de Mugardos propón unha serie de melloras ambientais:

-Incrementa-lo orzamento da restauración vexetal ata o 5% do custo total da obra e que se proceda á restauración ó longo de todo o vieiro.

-Aplica-los criterios de restauración adoptados para as zonas de protección do patrimonio e zonas de núcleo rural ó conxunto do trazado.

-Engadir ás pantallas sonoras vexetais especies de carácter perenne como o loureiro ou loureiro romano.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas