Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autorizan os programas de garantía social en centros privados e institucións sen ánimo de lucro, que figuran nos anexos I e II, respectivamente, para o curso 2001-2002.

En virtude da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio), pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia,

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional,

RESOLVE:

Autoriza-los programas de garantía social en centros privados e institucións sen ánimo de lucro, que figuran nos anexos I e II, respectivamente, para o curso 2001-2002.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2001.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO I

Provincia: A Coruña.

-Centro privado Agarimo de Arteixo.

1 PGS operario de albanelería.

1 PGS axudante de servicios de restaurante e bar.

1 PGS servicios auxiliares de oficina.

1 PGS operarios de viveiros e xardíns.

1 PGS operario de carpintería de madeira maciza.

-Centro privado Astarté de Carballo.

1 PGS auxiliar de perruquería.

-Centro privado Nuestra Señora de Chamorro de Narón.

1 PGS auxiliar de florería.

Provincia: Pontevedra.

-Centro privado Rizo de Pontevedra.

1 PGS auxiliar de estética.

1 PGS auxiliar de perruquería.

-Centro privado Vigo de Redondela.

1 PGS dependente de comercio.

-Centro privado San Roque de Vigo.

1 PGS operario de máquinas e ferramentas.

ANEXO II

Cruz Vermella de Lugo.

1 PGS auxiliar de axuda no domicilio e residencias asistidas.