Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de setembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de recurso de alzada do expediente sancionador (PESAN1 2000/000372-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido áchanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000372-5.

Denunciado: José Francisco Lombardero Corbeiras.

DNI: 33772431.

Enderezo: Paraguay, 5-4º B Vigo.

Precepto infrinxido: 6.7º, 6.13º.

Sanción: 60.001 pesetas, 360,61 euros.

Resolución: estimatoria en parte impoñendo unha sanción de 35.000 pesetas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 12 de setembro de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo