Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.660

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de xullo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG do 24 de xullo pasado, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 10.125, no posto XU.C99.10.008.15530.010, na columna observacións di: «(8)» e debe dicir: «(13)».

Na mesma páxina, no posto XU.C99.10.008.15690.010, na columna observacións di: «(8)», e debe dicir «(7)».

Así mesmo, na páxina 10.131, a seguir de «(12) 5 horas diarias», debe dicir: «(13) 1 hora diaria».