Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.656

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA U.E. Nº 33 O GRAXAL NO SEIXO-LIÁNS OLEIROS (A CORUÑA)

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación da U.E. nº 33 O Graxal no Seixo-Liáns-Oleiros (A Coruña), na sesión de asemblea xeral do 9 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da U.E. nº 33 no Seixo-Liáns-Oleiros.

Procédese á exposición pública do proxecto polo prazo de 20 días, que computará desde a data desta publicación, na sede social da xunta de compensación, na Coruña (Paseo Marítimo, 9, baixo), das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas de luns a venres, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

A Coruña, 9 de outubro de 2001.

Xoán Antón Pérez-Lema López

Secretario da Xunta de Compensación

da U.E. nº 33 O Graxal