Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.656

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOMEGA

ANUNCIO.

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e a Fundación de Estudios e Formación Sanitaria (Fundesforsa) convocan o premio de investigación Asomega no ámbito das ciencias da saúde, dotado cun millón de pesetas. Poderá presenta-la súa candidatura, antes do 30 de outubro de 2001, calquera científico galego, fillo de galego ou que realizase investigación en Galicia polo menos nos últimos cinco anos, e que teña menos de 50 anos de idade, achegando currículum vitae detallado e incluíndo o factor de impacto das súas publicacións segundo o Journal Citation Report.

As candidaturas coa documentación completa faranse chegar á secretaría de Asomega, r/ Santa Cruz de Marcenado 10, 1º dta., 28015 Madrid. Telf. 91 445 28 81. e-mail: asomega*arrakis.es.

Madrid, 18 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado