Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 352/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento polígono industrial (O Milladoiro).

Situación: Ames.

Descricións técnicas: recuamento das liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, que discorren ó longo do Camiño do Esquío, pasando a beirarrúa da vía de acceso do polígono industrial do Milladoiro, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al: de 637 m de lonxitude, coa orixe arqueta, xunto a encrucillada e final en arqueta da antiga liña O Milladoiro-Solláns. De 317 m de lonxitude, coa orixe en arqueta xunto encrucillada e final no apoio onde se bifurca liña aérea a C.T. Bentín e L.M.T. a Viduído. Santiago de Compostela e Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña