Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., peaxe autopista A-9 en polígono Vilar do Colo.
Situación: Cabanas.
Descricións técnicas: L.M.T. aéreo subterránea a 437 m e 26 m de lonxitude respectivamente e conductor de aluminio LA-110 e R.H.V. de 240 mm que parte dun apoio da L.M.T.A. Vilar do Colo-Fene e final no C.T. prefabricado de 400 kVA en peaxe autoestrada A-9, en polígono de Vilar do Colo. Concello de Cabanas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña