A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0001129/2001-JL, interposto por José Luis Chao Enríquez e Ignacio José Val Nieves, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de xullo de 2001, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xuño de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo na Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 128, do 3 de xullo).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública