Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2001 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería. (Expediente 3/2001 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 3/2001 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo.

c) Prazo de execución: desde o 1 de novembro de 2001 ata o 1 de novembro do 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.200.000 pesetas (97.363,96 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=766

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o terceiro día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12.10 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2001.

Máximo García Serrano

P.D. (Orde 21-6-1996)

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria