Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (422/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 422/2001, seguidos por instancia de Honoris González Armesto contra Infersa Galicia, S.A. sobre despedimento, nos que se dictou sentencia en data 11-9-2001, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Honoris González Armesto, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Infersa Galicia, S.A. a que, á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 404.149 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia e que ata a data ascenden á cantidade de 637.000 pesetas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 422-2001 do banco BBVA desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a non ser que ela prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Infersa Galicia, S.A., expido e asino o presente edicto na Coruña, 13 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado