Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.560

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión permanente de selección de persoal funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 27 de agosto de 2001, pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, lista B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na correspondente sesión, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos ou non figuraban nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados no citado anexo estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro),

contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.755 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentas do aboamento de taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Apelidos e nomeNIFBase 1Base 2Base 3Base 4Base 5Base 6Base 7Base 8Total (*)

Bago Castro, María del Rosario32757945B0,2000,7501,0201,950

Daga Álvarez, José Manuel34982465V0,7500,750

Fernández García de la Ro, Mª Paula32676642J0,7500,4501,200

Jacome Rodríguez, Raúl76823077H0,2000,7500,950

Lemos Jorge, José35309826L0,2000,7500,0300,980

López Bugueiro, Sonia Belén79310661Z2,0000,7502,750

Martínez Martínez, José Manuel15948536Z1,5001,500

Neira Andújar, María Jesús76864038Q1,4000,7502,150

Portela Pastrana, Virginia Pilar76862158E0,000

Somoza López, Mª del Carmen36125774L0,7500,750

Veiga Valiño, María Inés33319295T0,2000,7500,5801,530

(*) Aplicadas as puntuacións tope por epígrafe