Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.512

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por acordo do Pleno deste consorcio acadado en sesión extraordinaria con data do 13-7-2001 préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento para contratación da concesión para a xestión indirecta do servicio de intervención en emerxencias do Consorcio Contraincendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras.

1. Entidade adxudicadora: Consorcio Contraincendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras.

2. Obxecto do contrato: a concesión para a xestión indirecta do servicio de intervención en emerxencias do Consorcio Contraincendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras de acordo co prego de cláusulas administrativas e técnicas aprobadas polo Pleno do consorcio en sesión do 13-7-2001.

3. Duración do contrato: cinco anos prorrogables ata quince anos por períodos de tres anos.

4. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Tipo de licitación: 80.000.000 de pesetas (480.809,68 A) IVE e demais tributos incluídos.

6. Garantías:

Provisional: 1.600.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Consorcio Contraincendios de Val

deorras, Parque de Bombeiros, s/n, 32930 A Rúa (Ourense), teléfono e fax 988 33 60 22.

8. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Parque de Bombeiros da Rúa, sede do consorcio, durante os 13 días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP ou DOG), de 9 a 14 horas de luns a venres, no rexistro xeral do parque.

b) Documentación que hai que presentar: proposición para tomar parte na contratación mediante concurso en procedemento aberto, tramitación urxente, da concesión da xestión indirecta do servicio público contraincendios e salvamento da comarca de Valdeorras (Ourense), constará de dous sobres pechados A e B nos que conterán a documentación sinalada na cláusula 8ª do prego de condicións particulares, denominados:

Sobre A Documentación.

Sobre B Proposición.

11. Apertura de ofertas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Rúa, 28 de setembro de 2001.

Joaquín Bautista Prieto Rodríguez

Presidente do Consorcio para o Servicio

Contraincendios e Salvamento da Comarca

de Valdeorras