Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-7/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 24 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Urbanizacións Xerais, S.L., para

o establecemento de rasantes dos espacios públicos e acceso ós aparcadoiros que se realizarán no subsolo viario VL-E6.01 e no subsolo de parte do sector S-2, coas seguintes condicións:

A distancia vertical o resgardo entre a rasante da praza pública e a cara superior do forxado do primeiro soto debe ser en todo punto igual ou superior a 70 centímetros coa finalidade de que se poidan situar neste espacio tódalas infraestructuras necesarias para o uso público da praza, tales como recolla de augas pluviais, iluminación pública, axardinamento e rega automática.

Presentarase o documento de urbanización necesario, no cal se indique cómo se urbaniza o espacio público situado sobre este aparcadoiro.

Segundo.-Expoñe-la información pública polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e na prensa.

Terceiro.-Notificar a Urbanizacións Xerais, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 7 de setembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo