Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/126-2, 5691 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eurovento, S.L. (Unipersonal).

Domicilio social: rúa Varsovia, 4-C 5º planta Área Central, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: tramo 2 liña 132 kV Boimente-Buio e liña 30 kV P.E. Rioboo.

Situación: Cervo-Viveiro-Xove.

Descricións técnicas: L.A.T. a 132 kV con lonxitude 5.214 m conductor LA-280 con orixe no apoio nº 13 da L.A.T. a 132 kV Boimente-Buio e final en subestación Buio sendo dobre circuíto 132 kV e 30 kV entre apoios nº 14 e 33 con lonxitude de 4.914 m.

L.A.T. a 30 kV con lonxitude de 120 m conductor R(D)HZ1 con orixe en subestación Buio e final en apoio nº 33.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo