Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de San Sebastián. (Expediente 077-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, para solicitude da empresa promotora Endesa Cogeneración y Renovables, as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de San Sebastián.

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., rúa do Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Chantada e Carballedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.598.000,00; 4.717.000,00), V(0.600.000,00; 4.716.500,00)

V(0.600.000,00; 4.714.000,00), V(0.601.700,00; 4.713.000,00)

V(0.604.000,00; 4.713.500,00), V(0.604.800,00; 4.710.000,00)

V(0.604.000,00; 4.709.400,00), V(0.601.000,00; 4.712.000,00)

V(0.597.000,00; 4.712.000,00), V(0.594.500,00; 4.713.000,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 75.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 49,5 MW.

-Tipo de aeroxerador: MADE AE-46/I.

-Producción neta anual estimada: 119.295 MWh/ano.

-Orzamento total: 5.392.893.245 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-75 aeroxeradores tipo MADE AE-46/I de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-75 centros de transformación de 700 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior

de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de San Sebastián, composta por dous transformadores principais 30/132 kV de 20/26 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal unitaria e un transformador para servicios auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de San Sebastián poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Chantada e Carballedo (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 25 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo