Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/92-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. centro entrega enerxía residencia universitaria.

Situación: r/ A. Rodríguez Castelao, Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude en conductor R.H.Z. 12/20 kV con orixe na L.M.T. subt. da subestación Velle e remata na L.M.T. sub. ó C.T. As Lagoas-2, despois de pasar polo centro de entrega de enerxía proxectado para a residencia universitaria na r/ A. Rodríguez Castelao.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións