Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/90-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Río Deva 1.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 175 m con orixe na L.M.T. subterránea do C.T. Guizamonde 2 e remata na L.M.T. sub. ó C.T. bombeo Guizamonde despois de alimenta-lo C.T. proxectado con 400 kVA r/t 20.000/380-220 V na planta baixa de edificio na r/ Río Deva 1

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións