Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sobral-Povadura.
Situación: Ourense-Coles.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 13 m derivada desde o apoio nº 11 da L.M.T. Velle-Quintela e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Seara Vella. Rede de baixa tensión derivada do C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se
poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 21 de agosto de 2001.
P.A.
Gabriel Diéguez Domínguez
Secretario provincial de Ourense