Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Begoña Riveiro Martínez.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1-7-2001, interposto por Begoña Riveiro Martínez contra a Resolución do 9 de outubro de 2000 (DOG nº 202, do 18 de outubro), deste centro directivo, pola que se declara rematado o proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) e se nomean os aspirantes seleccionados con adxudicación de destinos definitivos.

A recorrente, aspirante da categoría de auxiliar de enfermería, pretende a valoración na fase de concurso dos servicios prestados na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo, coa súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos