Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de outubro de 2001 pola que se nomean os membros do xurado do Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2001.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de xuño de 2001 (DOG do 2 de xullo) convoca o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2001.

Na base quinta do artigo 1 da citada orde establécese a composición do xurado que seleccionará os candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2001, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente:

-Miguel Ángel Ríos Fernández, secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Vocais:

-Antonio Fontenla Ramil, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia.

-Casto Varela Gesto, proposto polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

-José Manuel González González, proposto pola Consellería de Industria e Comercio.

-Luis Fernando Quiroga y Piñeiro, proposto pola Fundación Empresa-Universidade Galega.

Secretario:

-Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública