Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da execución da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 371/1995, do 1 de xuño, que anula parcialmente a ficha de características do núcleo urbano existente 11.11 Samil 2-A.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 30 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Exectua-la sentecia firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 371/1995, do 1 de xuño, dictada no recurso contencioso-administrativo nº 2/4208/1994, tendo por anulada parcialmente a ficha de características do núcleo urbano existente 11.11 Samil 2-A, do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana do 29 de abril de 1993, no que atinxe á previsión e ordenación dun uso hostaleiro no devandito ámbito.

Segundo.-Declarar que no ámbito do núcleo urbano existente 11.11 Samil 2-A resulta de aplicación exclusiva o disposto na ordenanza 1.3.B de edificación illada de media densidade do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana do 29 de abril de 1993 (páxina 51 e ss. BOP nº 133, do 14 de xullo).

Terceiro.-Aproba-la ficha de características e plano de ordenación do devandito núcleo 11.11 Samil 2-A resultantes da sentencia de referencia, que se unen ó presente acordo e que substituirán os anulados por ela.

Cuarto.-Publíquese o presente acordo no BOP e no DOG. Notífiquese ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, nos termos preceptuados no artigo 48 da LSG.

Vigo, 31 de agosto de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de

Urbanismo