Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-01/60 e dous máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, ás alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 19 de setembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/60.

Denunciado: Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A.

Último enderezo coñecido: Javier Puig, 3, 36001 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo na masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 50.000 pesetas.

Expediente: PO-I-01/62.

Denunciado: Salah Herragali.

Último enderezo coñecido: Severino Soutuyo, 35, 36800 Redondela.

Feito denunciado: abandono dun vehículo na masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 50.000 pesetas.

Expediente: PO-I-01/70.

Denunciada: Ana Cristina González Bezares.

Último enderezo coñecido: Barcelona, 80-2º, 36211 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo na masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 50.000 pesetas.