Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das consultorías e asistencias que se citan.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: acordo e replanteo nas zonas de concentración parcelaria de: Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña)-ACRF-2976, Leira (Ordes-A Coruña)-ACRF-2977, Outes-Valadares (Outes-A Coruña), ACRF-2978, Calo II (Teo-A Coruña)-ACRF-2979, Cereixo-Carnes (Vimianzo-A Coruña)-ACRF-2980, Saiar (Caldas de Reis-Pontevedra)-ACRF-2983, Monte de Val do Vea (1ª fase) (A Estrada-Pontevedra)-ACRF-2984, proxecto de concentración parcelaria na zona de Val-Meiras-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña)-PR-2982, bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña)-BPD-2985, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: 9 asistencias.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

1. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña)-ACRF-2976, cun orzamento de 31.270.218 pesetas/187.937,80 euros.

2. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Leira (Ordes-A Coruña)-ACRF-2977, cun orzamento de 21.393.749 pesetas/128.579,02 euros.

3. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Outes-Valadares (Outes-A Coruña)-ACRF-2978, cun orzamento de 21.440.646 pesetas/128.860,88 euros.

4. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Calo II (Teo-A Coruña)-ACRF-2979, cun orzamento de 28.656.020 pesetas/172.226,15 euros.

5. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Cereixo-Carnes (Vimianzo-A Coruña)-ACRF-2980, cun orzamento de 22.761.080 pesetas/136.796,85 euros.

6. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Saiar (Caldas de Reis-Pontevedra)-ACRF-2983, cun orzamento de 33.048.153 pesetas/198.623,40 euros.

7. Acordo e replanteo na zona de concentración parcelaria de Monte de Val do Vea (1ª fase) (A Estrada-Pontevedra)-ACRF-2984, cun orzamento de 38.978.849 pesetas/234.267,60 euros.

8. Proxecto de concentración parcelaria na zona de Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña)-PR-2982, cun orzamento de 30.264.197 pesetas/181.891,49 euros.

9. Bases provisionais e definitivas da zona de concentración parcelaria de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña)-BPD-2985, cun orzamento de 20.104,429 pesetas/120.830,05 euros.

5. Garantías:

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada asistencia.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada asistencia.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 68.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ó oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o sétimo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria