Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Cereixal, no concello de Paradela. (Expediente 28/2000 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

Primeira.-José Vázquez Díaz que manifesta que o predio é propiedade do seu pai, sendo este último a quen se lle deben dirixi-las notificacións que procedan. Así mesmo, manifesta que existen no predio colmeas, segundo acredita cun certificado do xefe do Servicio de Sanidade e Producción Animal da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, colmeas que, ó seu criterio, terían que desaparecer se se executa a instalación eléctrica que nos ocupa.

Así mesmo, manifesta que a liña proxectada discorre preto da casa do alegante polo que se poderían da-las prohibicións e limitacións para a imposición da servidume de paso establecidas nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que solicita que se desvíe o trazado da liña cara ó norte de forma que transcorra polo lindeiro do predio.

Segunda.-Ramiro Varela López quen, en escrito do 27 de xuño de 2001, solicita a modificación do trazado da liña amparándose para iso no artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Así mesmo, Ramiro Varela López, en escrito do 28 de xuño de 2001, solicita a declaración de nulidade de todo o actuado de conformidade co artigo 62.1º da Lei 30/1992, do procedemento administrativo por existir nulidade no procedemento administrativo tramitado ó entende-lo alegante que non é posible tramitar conxuntamente a autorización

administrativa dunha liña xunto coa declaración de utilidade pública dela, nin verificar ó mesmo tempo o trámite de alegacións establecido no artigo 16 do Decreto 2619/1966, para a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, así como o trámite previsto no artigo 31.4º do Decreto 2619/1966, para a declaración de urxente ocupación.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a estas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa súa tramitación polas seguintes razóns:

Primeira.-En canto ó manifestado por José Vázquez Díez, porque foi corrixido o erro padecido sobre a titularidade do predio nº 1A, atribuíndo a súa propiedade ó pai do alegante a quen se lle practicarán as notificacións que no futuro se produzan como consecuencia da tramitación do expediente. Así mesmo, a explotación apícola non ten por qué ser incompatible coa instalación da liña por canto a imposición de servidume de paso non lle impide ó dono do predio servente a súa utilización deixando a salvo esta servidume, nembargantes, no caso de que a instalación eléctrica afectase as colmeas, os prexuízos ocasionados serían obxecto da correspondente indemnización.

Por último, examinado polos servicios técnicos da delegación provincial o trazado da liña, infórmase que non se dan as prohibicións ou limitacións para a imposición de servidume de paso recollidas nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, ós que o alegante facía referencia.

Segunda.-Polo que respecta ó manifestado por Ramiro Varela López no seu escrito do 27 de xuño de 2001 no que solicitaba unha modificación do trazado, cómpre indicar que a modificación proposta non pode ser tida en conta por non cumpri-los requisitos establecidos no artigo 26 do Decreto 2619/1966, ó supera-la modificación proposta o 10% do orzamento de parte da liña afectada pola variante que, segundo o proxecto, transcorre pola propiedade do alegante segundo manifesta a empresa beneficiaria da instalación.

Polo que respecta á solicitude de nulidade que formula o alegante cómpre indicar que no presente expediente se cumpriron tódolos trámites establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, que é a norma actualmente vixente en materia de autorización de instalacións eléctricas e que modifica o anterior procedemento para a declaración de utilidade pública, declaración de necesidade de ocupación e declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados unificando tódolos trámites nun, xa que o seu artigo 54 establece que a declaración de utilidade pública das liñas eléctricas levará implícita en todo cvaso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997, antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Aldosende e remate no C.T. de Cereixal de 951 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Cereixal e 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Cereixal de 1.345 m de lonxitude de 380/220 V sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.

4. Rede de baixa tensión subterránea de Cereixal de 175 m de lonxitude a 380/220 V directamente subterránea en conductor R.V.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución e anexo, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico con data do 7 de xuño de 2001, entendendo que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Admi

nistración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data do 17 de xuño, Diario Oficial de Galicia do 19 de xuño e no BOP de Lugo do 21 de xuño de 2001, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Paradela. Ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo