Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.345

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MONFORTE DE LEMOS

CÉDULA de notificación (31/2001).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia cun encabezamento e resolución que, copiados literalmente, din así:

«Sentencia.

En Monforte de Lemos o 29 de xuño de 2001.

Vistos por min, María Celia Conde Palomanes, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un de Monforte de Lemos, os autos de separación 31/2001, promovidos pola procuradora Fanny-Josefina Crespo Vázquez en nome e representación de Carmen Vide Rodríguez, defendida polo letrado Roberto Couto Calviño contra Ramón Vide Páez declarado en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que estimando esencialmente a demanda interposta pola procuradora Fanny-Josefina Crespo Vázquez en nome e representación de Carmen Vide Rodríguez contra Ramón Vide Páez, decreto a separación matrimonial dos anteditos cónxuxes, con tódolos efectos legais conseguintes e fixando as seguintes medidas que rexan os efectos de separación:

1. As medidas acordadas nos autos do 21 de maio de 2000 coas seguintes modificacións en canto ó réxime de visitas: durante os tres primeiros meses en que o pai comece a exerce-lo réxime de visitas as fins de semana alternas que lle correspondan segundo o dito auto, o pai recollerá a súa filla ás 11 horas da mañá do domicilio materno e reintegraraa ás 14 horas do sábado, podendo recollela de novo ás 16 horas do sábado e reintegrala ás 19 horas, e o mesmo horario o domingo. Transcorridos os tres meses rexerá o réxime de autos de medidas.

2. O marido aboaralle 15.000 pesetas á súa muller mensualmente. Tal cantidade aboarase por meses anticipados os cinco primeiros días de cada mes e actualizarase anualmente conforme o IPC.

Todo isto sen especial pronunciamento de custas.

Comuníquese ó Rexistro Civil para os efectos oportunos.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe recurso de apelación que, se é o caso, se preparará ante este xulgado no improrrogable prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ramón Vide Páez, expídese esta cédula esta para que sirva de notificación.

Monforte de Lemos, trinta e un de xullo de dous mil un.

O secretario

Rubricado