Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.342

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 3 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir como profesor de música e artes escénicas na especialidade de canto.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para impartir:

Especialidade: canto.

Titulación: título superior de canto.

O prazo para presenta-la instancia de solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 7 días naturais contados a partir do día seguinte ó deste anuncio no DOG.

A bases da convocatoria e o modelo de solicitude encóntranse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría pri

meira para efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal