Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Marín (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Marín.

Localidade: Marín.

Código do centro: 36020295.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 1.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Mestre Landín.