Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de outubro de 2001 pola que se amplía o prazo de xustificación dos investimentos realizados ó amparo da Orde do 7 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexerán a concesión de axudas correspondentes ó programa apoio á I+D industrial, tecnoloxías industriais do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á convocatoria para o ano 2001 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 21 de marzo).

As consellerías da Presidencia e Administración Pública e Industria e Comercio dictaron a Orde do 7 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexerán a concesión de axudas correspondentes ó programa apoio á I+D industrial, tecnoloxías industriais do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á convocatoria para o ano 2001 (DOG nº 57, do 21 de marzo).

O obxectivo desta orde 'e dar resposta mediante axudas económicas ós esforzos investidores das empresas en materia de fomento da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a presentación antes do día 31 de outubro de 2001 da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivaron un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de execución e xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes á vista da complexidade da materialización das actividades subvencionadas por parte dos beneficiarios.

En consecuencia, en uso das atribucións que nos foron concedidas,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó amparo do Orde do 7 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexerán a concesión de axudas correspondentes ó programa apoio á I+D industrial, tecnoloxías industriais do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Comunidade Autónoma de Galicia, ata o día 16 de novembro de 2001.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro da Presidencia eConselleiro de Industria e Comercio

Administración Pública