Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSOS da Deputación Provincial de Ourense.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para os concursos que se relacionan, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Relación de concursos:

-Concurso para adquisición de maquinaria para o Servicio de Cooperación.

-Contratación do servicio de limpeza de edificios provinciais durante o ano 2002.

-Subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes durante o ano 2002.

-Concurso para adquisición de áridos, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o primeiro semestre do ano 2002.

-Concurso para aluguer de maquinaria con conductor para o ano 2002.

Ourense, 2 de outubro de 2001.

O presidente

Rubricado