Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 3 dos plans provinciais de 2001.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasif./orzamento.

-149POL/edif. usos culturais, sociais Arcos-San Vicente Leira/3 meses/-/11.000.000 de pesetas.

-154POL/CV Soutadoiro-Riodolas/Carballeda/

3 meses/G.6.c./20.000.000 de pesetas.

-155POL/CV Carballeda-Vilar de Condes/Carb. de Avia/4 meses/A.2.c.; G.6.d./25.000.000 de pesetas.

-167POL/CV 57 Ourense-Torre de Amoeiro/Ourense/3 meses/G.6.d./28.000.000 de pesetas.

-172POL/CV Borulfe-Viña/S. Cristovo de Cea/

4 meses/-/15.000.000 de pesetas.

-173POL/CV 303 Pedra do Sol-Valilongo/A Teixeira/4 meses/G.6.d./30.000.000 de pesetas.

-175POL/CV 677 Vilamarín N-525/Vilamarín/

3 meses/G.6.d./20.000.000 de pesetas.

-120PB(complem.)/CV 317 a Moreiras polas Airas, f.1/Toén/3 meses/-/18.000.000 de pesetas.

Ourense, 5 de outubro de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense